Dirección e guión: Sonia Méndez
Fotografía: Lucía C. Pan
Banda sonora: Andy Bell
Montaxe: Juliana Montañés
Deseño sonoro: David Machado; Javier Pato
Produtores: Nati Juncal Portas, Pedro Hernández
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Productoras: Cósmica Producións, Aquí y Allí Films

Reparto: Andrea Varela, David Rodríguez, Lucía Veiga, Antía Mariño, Xacobe Bruña Alonso, Irene Rodríguez Vence, Diego Caro, Jenny Soto Romarís, Santi Carmena Rico, Adriana Fernandez Pazó, Luisa Merelas.

Coa participación de ICAA, AGADIC, TVG e RTVE.
Desenvolvido en Torino Films Lab, Sources 2 e MAFIZ Málaga.

Distribuidora: Sideral

As neves

2024 | Longametraxe ficción

As Neves é unha remota vila de montaña onde todo o mundo se coñece. A noite de entroido o grupo de adolescentes do pobo celebra unha festa e colócase con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan coa nova de que Paula, unha das rapazas que estaba na festa, non aparece. Mentres, un temporal de neve chega a vila e vainos deixando incomunicados.

Manu, o ex mozo de Paula e Erea, a súa mellor amiga, séntense culpables e queren pescudar se tiveron algo que ver na desaparición pero non non logran unir as pezas nin saben como manexar as súas emocións.

“As Neves é un retrato da xeración máis hiperconectada da historia pero que á súa vez vive en contornas rurais illadas. Natureza fronte a pantallas. Quería explorar ese contraste e entender como se xestiona desde a axitación adolescente. Como son estes adolescentes? Que lles preocupa? Como afrontan os seus medos?

No caso concreto do filme son rapaces que viven en poboacións dispersas e rodeados de espazos abandonados dos que se apropian. Os seus conflitos son como os de calquera adolescente pero creo que as súas vías de escape son moi distintas e que ás veces, curiosamente, canto máis aberto é o espazo natural no que viven máis pechado se senten en certas situacións. E é que ás veces… pobo pequeno, inferno grande.”

SONIA MÉNDEZ