TERÁS QUE SALTAR
Longametraxe de ficción | Coming of age
En desenvolvemento
A punto de mudarse co seu mozo Serxio, Eli recibe unha nova que fai tremer o seu universo: concedéronlle a bolsa para estudar cinema en Lisboa.
Dúas opcións vitais despréganse ante ela. Pode marchar e perseguir o seu soño ou ficar coa súa vida normal en Compostela. Unha decisión que pode cambiar a súa vida abre dúas liñas paralelas, máis conectadas do que ela mesma pensa.
Dirección e guión: Irene Pin
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Produtora: Cósmica Producións
Coa financiación da Unión Europea, a través dos fondos FEDER, financiado como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Proxecto seleccionado en AGAPI Impulsa COPROS.
Proxecto desenvolvido en :
- Tutorías AGAG para mulleres guionistas
- Conecta+
- Conecta LAB
- LabGuion Colombia