A TERRA DAS VIÚVAS DOS VIVOS

Longametraxe documental

En desenvolvemento

Á sombra das árbores, unha muller vixía unhas cantas cabras que pacen libremente ao seu redor. Vestida de negro e ben abrigada contra o frío, debuxa na terra coa punta dun pau mentres conta a historia da súa xente.

Isalina lembra que, aínda que noutros tempos a transhumancia era dura, sempre era unha festa. E tiña que selo, se querían sobrevivir nas montañas.

Ao redor da súa silueta escura escóitase o vento, o canto dos paxaros, o soar dos chocas das cabras, e máis alá, unha inmensidade que se perde tras as montañas.

Quizais este sexa o ano da súa última transhumancia.

Dirección Melanie Pereira
Idioma: Portugués, Galego
Produtora: Cósmica Producións, Red Dessert Films
Coa axuda ao Desenvolvemento da Axencia Galega do Audiovisual (AGADIC)

Extras