AS DEFENSAS
Longametraxe de ficción | Drama, danza, coming of age, LGTBIQ+
En desenvolvento
Vigo, 1980.
María é unha adolescente viguesa que axuda ao seu pai Emilio no taller de coches familiar á vez que acude, dende fai meses, á loita estudiantil na rúa. A súa rutina de vida está marcada pola realidade que viviu seu pai: traballar e manifestarse.
Unha tarde no taller, María descobre unha pequena grieta nunha das paredes. Atopa que na nave contigua hai un grupo de xente nova. Coñece a Cristina, unha bailarina que ensaia empregando os sons do taller e o movemento dos obreiros como inspiración.
A danza entra na película da mesma maneira que o fai na súa vida. Pero o negocio familiar vai cada vez peor e as manifestacións nas rúas toman cada vez máis violentas, acotando o horizonte de María ás fronteiras dunha cidade da que nunca saiu. Cristina marcha e María queda en Vigo coa experiencia de ter amado e bailado.
Dirección e guión: Lucía Estévez
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Produtora: Cósmica Producións
Coa subvención ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a subvención de creación audiovisual e promoción do talento audiovisual e subvención a produción de AGADIC
Proxecto desenvolvido en:
- SemilleruLab – 61FICX – premio -Premio SEMILLERU Lav Asturias Paraíso
- Natural Film Commission
- Programa Rueda – Academia de Cine
- I+P INCUBA – Clúster Audiovisual Galego
- Nouveau Marché – Festival du Nouveau Cinéma de Montréal
- Torino Film Lab – Next Future Film