AS DEFENSAS

Longametraxe de ficción | Drama, danza, coming of age, LGTBIQ+

En desenvolvento

Vigo, 1980. 

María é unha adolescente viguesa que  axuda ao seu pai Emilio no taller de coches familiar á vez que acude, dende fai meses, á loita estudiantil na rúa. A súa rutina de vida está marcada pola realidade que viviu seu pai: traballar e manifestarse.

Unha tarde no taller, María descobre unha pequena grieta nunha das paredes. Atopa que na nave contigua hai un grupo de xente nova. Coñece a Cristina, unha bailarina que ensaia empregando os sons do taller e o movemento dos obreiros como inspiración.

A danza entra na película da mesma maneira que o fai na súa vida. Pero o negocio familiar vai cada vez peor e as manifestacións nas rúas toman cada vez máis violentas, acotando o horizonte de María ás fronteiras dunha cidade da que nunca saiu. Cristina marcha e María queda en Vigo coa experiencia de ter amado e bailado.

Dirección e guión: Lucía Estévez
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Produtora: Cósmica Producións

Coa subvención ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais e a subvención de creación audiovisual e promoción do talento audiovisual de AGADIC

Proxecto desenvolvido en:

  • SemilleruLab – 61FICX – premio -Premio SEMILLERU Lav Asturias Paraíso
  • Natural Film Commission
  • Programa Rueda – Academia de Cine
  • I+P INCUBA – Clúster Audiovisual Galego
  • Nouveau Marché – Festival du Nouveau Cinéma de Montréal
  • Torino Film Lab – Next Future Film

Extras