HISTORIA DUN AMOR
Longametraxe de ficción
En desenvolvento
O mellor e o peor momento da túa vida poden chegar ao mesmo tempo.
Manuela levou unha vida plena: rexentou a súa propia florería, formou unha familia e compartiu décadas de amor con Lauro. Cando o Alzhéimer a obriga ao ingreso do seu marido nunha residencia, inicia unha etapa inesperada que transforma a súa rutina e tamén a maneira de verse a si mesma.
Alí coñece a Daniel, un home carismático que coida da súa muller sen perder o sentido do humor nin as ganas de vivir. Entre eles nace unha complicidade inmediata que, pouco a pouco, se converte en algo máis. O que comeza como unha amizade improbable acaba poñendo patas arriba as súas certezas.
Dirección e guión: Sonia Méndez
Produción executiva: Nati Juncal Portas, María del Puy
Produtoras: Cósmica Producións, Malvalanda, Órbita Cinema AIE
Coa financiación ao desenvolvemento de AGADIC e Unión Europea, a través dos fondos FEDER, financiado como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Proxecto desenvolvido en TFL Next Feature 2026 – Torino Film Lab
