CÓSMICA PRODUCIÓNS
Créase en 2018 mais a orixe comeza no 2007 durante a rodaxe de Perversa Lola, a primeira curtametraxe de Sonia Méndez. Tras coñecerse nesa rodaxe, Nati e Sonia forman un frutífero tándem de dirección-produción do que nacen varias curtametraxes e a serie web Angélica & Roberta. A longo destes anos desenvolven o seu estilo de traballo e crean o seu espazo no audiovisual galego.
EI, GUAPA!
2016 Curtametraxe de ficción. Drama.
Unha muller camiña pola rúa. Un home vai tras ela.
Ei, Guapa! é unha reflexión sobre a invasión do espazo íntimo dunha muller –que somos todas-. Unha reflexión sobre a violencia implícita na apropiación do espazo que non che pertence e como esta invasión convértese nun acto –que debería ser- delituoso.
Esta peza foi incluída no proxecto VISIONS, unha película colectiva de dez directoras galegas.
Festivais e premios:
S8 (Galicia), Zinebi (España), Chiavi Festival (Taiwan), Curtocircuíto (España), Censurados Film Fest (Perú), Certamen Cine Lento (España), Todos Somos Otros (México), Ferfilm Festival (Kosovo).
CONVERSA CUNHA MULLER MORTA
2012 Curtametraxe de ficción. Drama.
LUÍS acaba de saír do cárcere onde cumpría condena polo asasinato da súa muller ELENA, cometido quince anos atrás. Cando LUÍS chega á gran casa que ambos compartían ELENA aparéceselle «de entre as mortas» para manter unha conversación con el. E é que ás mulleres curiosas como ELENA a xustiza dos homes non lles parece suficiente…
Premios:
- Mestre Mateo 2012. Mellor curtametraxe de ficción.
- IX Curtocircuíto IX. Mellor curtametraxe.
- IX Festival de Cans. Mellor actor.
- Cinemacurtas. Mellor actor.
- FICBE. Premio do público e segundo premio.
- IKUSKA. Premio “Femenino Plural”.
- Festival de Curtametraxes Vila De Noia. Mellor actor.
- Festival Cineculpable. Mellor curtametraxe e mellor actor.
- Festival de Cine Creat Rivas. Premio do público e premio valores sociais.
Festivais:
MUFEST II, Festival Andoenredando, Festival Primaveira Do Cine, Women Make Waves Film Festival (Taiwan), X Muestra De Cine: La Mujer En Escena, Fieri Film Festival (Albania), FICBE 2012, XXIV Festival Aguilar de Campoo, XVII Festival de Cine de Zaragoza, Cineculpable, XVI Muestra Internacional de Cine Realizado por Mujeres de Zaragoza, XIII Muestra de Cine Realizado por Mujeres De Huesca, El Día Más Corto.
AS DAMAS NEGRAS
2012 Curtametraxe de ficción. Drama.
Un vagabundo aparece morto nas inmediacións dun teatro onde catro novas actrices están a ensaiar unha obra sobre un asasinato.
Dous inspectores de policía moi peculiares irrompen no ensaio para facerlles algunhas preguntas… Alguén minte? Ou mellor… Alguén dí a verdade?
Premios:
- Mestre Mateo 2011. Mellor curtametraxe de ficción
- Kaohsiung Film Festival (Taiwan) /Mellor curtametraxe
Festivais:
MUFEST – II, Curtas de Sada, Curtocircuíto, FICT Festival Internacional, Mostre de Cine Expressioni (Italia), Visual XI Cine Novísimo, Festival Internacional El Espejo (Colombia), Curts Ripollet, OUFF Festival Internacional De Ourense, FESANCOR (Chile), IX Mujer En Escena, Certamen Internacional Ciudad de Utrera.
ANGÉLICA & ROBERTA
2010-2013. Web serie. Comedia
2 temporadas. 18 episodios
Sinopse:
ANGÉLICA e ROBERTA son o tipo de mozas que sentaban na última fila de clase e ás que nunca fixeches caso (e a elas nunca lles importou).
Non queres saber que foi delas?
Premios:
- Mestre Mateo 2013. Mellor webserie
- L-A. WEBFEST (Os Ánxeles) Mellores actrices, mellor guión.
- Girona Film Festival 2013
- Premio Musgo Mellor Serie de Comedia 2013.
LEO Y MARIO (SE DEJAN)
2010 Curtametraxe de ficción. Drama.
Sinopse:
Unha parella encérrase tres días no seu apartamento antes de deixarse. Alí conversarán, farán o amor e tentarán entender, sen reproches nin acontecementos épicos, porque as cousas non foron ben entre eles.
Nominacións:
- Mestre Mateo 2010. Nominado a mellor curtametraxe de ficción.
PERVERSA LOLA
2008 Curtametraxe de ficción. Drama.
Sinopse:
Lola leva meses separada da súa parella. Desde entón dedícase a seguilo aos moteis onde o déitase con outras mulleres. Un día el esíxelle que deixe de facelo, coñeceu a outra muller coa que quere ter unha relación seria. Pero Lola non está disposta a aceptar esta nova realidade. Entón decide pedirlle algo para acabar co estraño xogo…
Premios:
- IX Festival de Cans. Mellor actriz e Mención especial do Xurado.