A POETA ANALFABETA

2022 | Longametraxe documental

Este filme retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria.

Aos seus 89 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testemuña das realidades máis duras do século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roja. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional.

Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das súas mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo?

Dirección e guión: Sonia Méndez
Produción executiva: Nati Juncal Portas
Fotografía: Lucía C. Pan
Montaxe: Víctor H. Seoane
Deseño sonoro: Javi Pato, David Machado
Produtora: Cósmica Producións

Coa financiación de Axencia Galega das Industrias Culturais (Xunta
de Galicia), Deputación da Coruña e Televisión de Galicia.

Premios e festivais: Cineuropa, Mostra de Cinema Etnográfico (premio á mellor dirección).

Extras